Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 26 DE SETEMBRO

Imagen
TORNEO DE PICH AND PUTT O domingo 16 de outubro terá lugar un torneo solidario de Pitch and Putt (unha modalidade de golf) en Oroso. Haberá autobús gratuíto desde Ferrol, A Coruña e Santiago e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!).  ANÍMATE, XUNTO COA TÚA FAMILIA OU AMIGOS A ACOMPAÑARNOS!  Inscipcións no 670.34.39.49! MAÑÁ, MESA INFORMATIVA EN "AS PONTES" Mañá estaremos na feira municipal das Pontes informando sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudable. MESA INFORMATIVA NA CORUÑA O SÁBADO 24 DE SETEMBRO O sábado estivemos no Polideportivo Labañou (Pavillón de Cocheras-A Coruña) de 16.00 a 20.00 durante a realización dos encontros das peñas deportivistas, coa finalidade de achegar información e orientación sobre a Enfermidade Renal Crónica ás persoas asistentes e sensibilizar á cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables. Logo realizouse un Bingo Solidario, no que se recaudaron 100€ para Alcer ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE SETEMBRO

Imagen
BINGO SOLIDARIO NA CORUÑA Mañá organízase un bingo solidario a favor de Alcer Coruña organizado poña peña Unai&Checa e como iniciativa do fillo dunha usuaria con enfermidade renal en hemodiálise . Indicamos a continuación a programación do día.  Se hai algunha persoa interesada en participar nalgunha actividade, chámanos para máis información ao 604.05.12.93! - 17h partidos homenaxe dos equipos de base - 21h pinchos para asistentes - 22h bingo solidario TORNEO DE PICH AND PUTT O domingo 16 de outubro terá lugar un torneo solidario de Pitch and Putt (unha modalidade de golf) en Oroso. Haberá autobús gratuíto desde Ferrol, A Coruña e Santiago e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!). INSCRÍBETE no 670.34.39.49! 40 ANIVERSARIO DE ALCER OURENSE A pasada fin de semana, parte da xunta directiva de Alcer Coruña viaxou a Ourese para celebrar o seu 40 aniversario. XORNADA DE BENVIDA NA UDC A pasada semana tivo lugar a xornada de benvid...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 12 DE SETEMBRO

Imagen
  MARIO LÓPEZ, 15 KM A NADO EN MAR ABERTO NA TRIPLE COROA DAS ILLAS ATLÁNTICAS O sábado Mario López, vogal de Alcer Coruña e usuario de hemodiálise á espera do seu terceiro transplante de ril, participou na Triple Coroa das Illas Atlánticas facendo unha travesía a nado en mar aberto desde as Illas Cíes ata Baiona de 15km! MESA INFORMATIVA EN EIRÍS - A CORUÑA O pasado sábado estivemos no Día da Familia que se celebra en Eirís (A Coruña), onde intalamos unha mesa informativa para informar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos e vida saudable. ANDAINA SAUDABLE NO CONCELLO DE AMES Onte pola tarde realizarmos un percorrido de 5,7 km no concello de Ames para o fomento de hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal e a sensibilización sobre a importancia da doazón de órganos. PRESENZA NO EVENTO "DESPERTANDO MENTES" ORGANIZADO POLA SEFAC A Sociedade Española de Farmacia Clínica, Familiar e Comunitaria organizou onte na Coruña un acto para a presentación dos s...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 5 DE SETEMBRO

Imagen
PARTICIPACIÓN NO PROXECTO GAVEA DE COGAMI Onte viaxamos a Muxía, xunto cos nosos compañeiros de COGAMI, para navegar en veleiro. Repetimos esta actividade todos os anos, asi que non dubides en inscribirte para o próximo! TORNEO SOLIDARIO DE PICH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS Terá lugar o 15 e 16 de outubro no Tambre Golf (Oroso). Contaremos con actividades abertas e gratuítas para o público en xeral o domingo 16: andaina saudable, bautismo/iniciación ao Pitch and Putt... COMEZAREMOS A CHAMARVOS A PRONTO PARA DARVOS MÁIS INFORMACIÓN! PROXECTO "EU SUMO" NO CONCELLO DE NARÓN Un ano máis formamos parte deste proxecto para visibilizar e sensibilizar sobre a discapacidade no concello. O pasado venres o noso presidente Rafa Rodríguez estivo nunha reunión xunto cos dous concelleiros da área. MANIFESTO DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL. FORMACIÓN EN FERROL O 21 DE SETEMBRO OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE Enfermidade renal e transplantes  España fixo un de cada catro transplantes de...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 29 DE AGOSTO - 1 DE SETEMBRO

Imagen
ANDAINA SAUDABLE EN AMES O PRÓXIMO 15 DE SETEMBRO Prazas vacantes! Anímate a acompañarnos! TORNEO SOLIDARIO DE PICH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS Seguimos avanzando na programación do Torneo Solidario de Pitch and Putt que terá lugar o 15 e 17 de outubro no Tambre Golf (Oroso). Contaremos con actividades abertas e gratuítas para o público en xeral: andaina saudable, bautismo/iniciación ao Pitch and Putt, xantar... ANÍMATE A PARTICIPAR! GRUPO EDUCATIVO ONLINE O VINDEIRO MÉRCORES 7 DE SETEMBRO Inscríbete! BONIFICACIÓN DE TAXAS PARA A RECOLLIDA DE REFUGALLOS, REDE DE SUMIDOIROS E SUBMINISTRO DE AUGA NO  CONCELLO DE NARÓN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OBRADOIROS DE MÚSICA MODERNA E SOLICITUDES PARA O USO DE AULAS DE ENSAIO NO CONCELLO DE NARÓN IMPACTO DAS ENFERMIDADES CRÓNICAS EN PERSOAS DE MÁIS DE 65 ANOS Participa na seguinte enquisa impulsada pola Plataforma de Organizacións de Pacientes. Pulsa  AQUÍ  para acceder a ela. LOTERÍA DE NADAL ALCER CORUÑA Reserva o t...