Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE MAIO

Imagen
ATA SEMPRE, SANTI A pasada fin de semana recibimos a triste nova do pasamento do noso compañeiro e tesoureiro de Alcer Coruña, Santiago Martínez Lago. Sempre estaremos agradecidos pola súa implicación e máis de 30 anos vinculados á nosa entidade. DÍA DO DOANTE DE ÓRGANOS 2022 Desde Alcer Coruña estamos cos últimos preparativos para o  Día do Doante de Órganos  que se celebra o vindeiro  mércores 1 de xuño . A próxima semana enviarémosvos un resumo de todas as actividades que faremos, convidándovos a participar en todas elas! ASISTENCIA Á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER O sábado estiveron en Madrid Rafa Martínez (presidente de Alcer Coruña) e Alfredo Saborido (vicepresidente), na que saiu reelixido como presidente Daniel Gallego. As entidades ASHUA e Hipofam pasaron a formar parte da Federación Nacional Alcer! CONGRESO NACIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE NEFROLOXÍA PEDRIÁTICA (AENP) Alcer Coruña estivo onte, como membro da Federación Alcer Galicia, no ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 16 DE MAIO

Imagen
CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL Recorda que no mes de xuño se organiza en Galicia (Nigrán - Pontevedra) o campamento para menores con enfermidade renal organizado pola Federación Nacional Alcer e a Federación alcer Galicia. Coñeces algún menor que poida acudir? Non dubides en facérnolo saber para poñernos en contacto e ofrecerlle esta oportunidade para compartir unha semana de convivencia entre iguais! OBRADOIRO "A DIÁLISE E A ADAPTACIÓN ÁS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA" O pasado venres Jessica Antelo, terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, implementou un obradoiro en Santiago de Compostela sobre as principais consecuencias da enfermidade renal e do tratamento de hemodiálise na independencia das persoas usuarias nas actividades cotiás, abordando tamén estratexias para retrasar ou paliar situacións de dependencia.  Por motivos alleos a Alcer Coruña, tivemos que pospoñer os obradoiros que iban desenrolarse en Ferrol e Culleredo. Inform...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 9 DE MAIO

Imagen
FORMACIÓN AO EQUIPO TÉCNICO DE ALCER CORUÑA O pasado luns Patricia Casal, psicóloga da Federación Alcer Galicia, impartiu unha formación sobre pautas básicas para mellorar a relación dos equipos de profesionais coas persoas con enfermidade renal crónica. Alcer Coruña aposta por unha atención de calidade e a formación do noso equipo é fundamental!  ENTREVISTA A MARIO LÓPEZ, VOGAL DE ALCER CORUÑA, NA RADIO GALEGA Entrevista a Mario López, vogal de Alcer Coruña, no programa Convivir da Radio Galega, falando da súa aficción á natación tras participar nos xogos nacionais para persoas transplantadas. Podes escoitala completa AQUÍ OBRADOIRO  EN CULLEREDO  PARA O FOMENTO DA INDEPENDENCIA DAS PERSOAS EN DIÁLISE Dirixido a persoas con enfermidade renal, persoas coidadoras e profesionais que queiran  coñecer máis sobre como mellora a independencia nas actividades da vida diaria e facer fronte ás limitacións funcionais derivadas da diálise. Non agardes máis a inscribirte! A SIS...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 2 DE MAIO

Imagen
DÍA INTERNACIONAL DA CONVENCIÓN NACIONAL DOS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE O pasado martes estivo o noso presidente Rafa Rodríguez na Praza de Armas, do Concello de Ferrol, reivindicando os dereitos das persoas con discapacidade. Podes ver  AQUÍ  o video que lle realizaron nesta xornada. MARIO LÓPEZ, CAMPIÓN NOS XOGOS OLÍMPICOS PARA PERSOAS TRANSPLANTADAS A pasada fin de semana, Mario López, membro da Xunta Directiva de Alcer Coruña, participou nos xogos nacionais de persoas transplantadas que se celebraron en Gijón. Voltou para Galicia con 5 ouros e un bronce. Parabéns! (Na foto, Mario é o segundo de pé comezando pola dereita) OBRADOIRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O FOMENTO DA INDEPENDENCIA DAS PERSOAS EN DIÁLISE Dirixido a persoas con enfermidade renal, persoas coidadoras e profesionais que queiran coñecer máis sobre como mellora a independencia nas actividades da vida diaria e facer fronte ás limitacións funcionais derivadas da diálise. Non agardes máis a inscri...