ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE XUÑO DO 2025

- SINERXIAS | III Encontro de persoas con enfermidade renal de Galicia A pasada fin de semana participamos en Panxón (Nigrán) no encontro de persoas con enfermidade renal de Galicia. Foron 3 días de ocio e experiencias compartidas. Vémonos para o ano! - SINERXIAS | Declaración Institucional O mércores tivo lugar no Parlamento de Galicia a declaración institucional sobre a saúde renal, na que o estamento se comprometeu a realizar campañas de prevención desta doenza, a fomentar o tratamento precoz, a facilitar apoio social e laboral ás persoas diagnosticadas, a promover a colaboración entre institucións sanitarias e asociacións e apoiar investigacións no eido da nefroloxía. Enviamos a maiores a declaración completa AQUÍ podes acceder ao vídeo da lectura pública a partir do minuto 38:38 - SINERXIAS | Consello asesor de pacientes de Ferrol O vocal da xunta directiva, Ramón Arnoso, participou o mércores na segunda x...