Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 26 DE MAIO DO 2025

Imagen
​ OCIO  |  Encontro de persoas con enfermidade renal  ​ Aínda quedan prazas libres!  Inscricións no  604022746  ou no  604051293 ​​ SINERXIAS |  Asemblea da Federación COGAMI Coruña Este luns o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, asistiu á Asemblea da Federación COGAMI Coruña que tivo lugar en Santiago de Compostela. ​​​ FORMACIÓN |  Obradoiro de terapia ocupacional en Culleredo O martes a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña (Jessica Antelo), impartiu unha formación sobre a labor da terapia ocupacional e o uso de produtos de apoio dirixida ao alumnado do Centro Ocupacional Municipal de Culleredo.  ​​​ FORMACIÓN |  Obradoiros de exercicio físico O martes e mércores tamén se desenrolaron os obradoiros presenciais do grupo de exercicio físico dirixido a persoas con enfermidade renal. Foron impartidos por Antía Vidal, técnica en ciencias da actividade física e deporte. Esta actividade saiu publicada na prensa hoxe:  Nov...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE MAIO DO 2025

Imagen
OCIO  |  Encontro de persoas con enfermidade renal Do 20 ao 22 de xuño a Federación Alcer Galicia organiza un encontro de persoas con enfermidade renal.  Chámanos para inscribirte ou solicitar información! FORMACIÓN |  Grupo de exercicio físico Recorda  que estamos na procura de persoas que queiran unirse ao grupo de exercicio físico da delegación da Coruña. A próxima semana realizaranse dúas formacións presenciais no local de GRUMICO (os días 27 de maio ás 10:00 e 28 de maio ás 16:00 horas.  Chámanos para inscribirte ao 604.05.12.93! DÍA DO DOANTE  |  Relatorio informativo na Coruña O mércores 4 de xuño é o Día do Doante de Órganos e dentro da programación da semana terá lugar un relatorio informativo no CHUAC aberto a toda persoa interesada.  A próxima semana compartiremos a programación completa con todas as actividades que imos realizar! INFORMACIÓN  |  Axudas para mellorar a eficiencia enerxética - RECEITA | ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 12 DE MAIO DO 2025

Imagen
SINERXIAS |  Reunión a prol da saúde renal O pasado venres tivo lugar a Declararación Institucional do Parlamento de Galicia a prol da saúde renal na que participamos como entidade membro da Federación Alcer Galicia, xunto con AGAL, SGAN e Otsuka. Acudiu como representante da entidade Rafa Rodríguez, presidente de Alcer Coruña e da Federación Alcer Galicia. FORMACIÓN |  Obradoiro de sexualidade e nutrición en Culleredo O pasado venres tivo lugar un obradoiro de nutrición impartido pola nutricionista Nerea Nogueira no Centro Ocupacional Municipal de Culleredo e este martes achegouse o traballador social e sexólogo Alfredo Saborido para impartir tamén unha formanción de sexualidade. Ambas actividades están incluídas no servizo de acompañamento e prevención da enfermidade renal crónica subvencionada polo Concello de Culleredo. TARDES CON ALCER |  Santiago de Compostela Este mércores tivo lugar a convocatoria do grupo de "Tardes con Alcer" de Santiago de Compostela. Acompañou...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 5 DE MAIO DO 2025

Imagen
  ​ FORMACIÓN |  Grupo de exercicio físico ​ ​ FORMACIÓN  |  Federación Alcer Galicia O mércores estivemos na Casa de Benestar Social de Santiago de Compostela xunto con parte da xunta directiva e equipo técnico da Federación Alcer Galicia para recibir unha formación sobre a doazón de órganos e transplantes impartido por Carmen Rivero (coordinadora de transplante da área sanitaria de Santiago de Compostela). Pola tarde tamén asistimos a outra formación sobre habilidades de comunicación impartida por Lorena García, psicóloga da Federación de Alcer Galicia.  ​ TARDES CON ALCER |  A Coruña e Ferrol Esta semana tiveron lugar as convocatorias dos grupos de apoio "Tardes con Alcer" nas delegacións da Coruña e Santiago de Compostela. ​ EVENTOS  |  IV Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais A vicepresidenta de Alcer Coruña, Iria Catoira, asistiu este mércores en representación da entidade aos IV Premios de Boas Prácticas da Deputación da Coruña. ​ I...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 28 DE ABRIL / 1 DE MAIO DO 2025

Imagen
SENSIBILIZACIÓN |  Feira da saúde de Ames  O pasado sábado estivemos en Bertamiráns na IV Feira da Saúde e Benestar do Concello de Ames. Á traballadora social da delegación de Santiago (Mónica Conde) acompañárona ao longo da xornada os membros da xunta directiva Ana Mato e Martín Flores. ​ ​ FORMACIÓNS  |  Obradoiro de nutrición en  ​ S ​antiago O martes tivo lugar o último obradoiro de nutrición deste 2025 na delegación de Santiago de Compostela, impartido por Nerea Nogueira (nutricionista da Federación Alcer Galicia). ​ ​ ​ FORMACIÓNS  |  IES Carvalho Calero (Ferrol) O luns estivemos sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos ao alumnado do IES Carvalho Calero de Ferrol. Á traballadora social da delegación de Ferrol (Ángela Breijo) acompañárona Nerea González (nutricionista en prácticas) e Fernando Pena (persoa con enfermidade renal voluntario de Alcer Coruña).  - RECEITA |  SALSA DE IOGUR