Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 24 DE MARZO DO 2025

Imagen
  - EVENTOS |  Congreso "Lo que verdad importa"  O pasado venres a vicepresidenta Iria Catoria, acudiu ao Congreso "Lo que de verdad importa" celebrado na cidade da Coruña. - SINERXIAS |  Consello de Benestar Social de Ferrol O pasado martes o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, acudiu ao Consello de Benestar Social do concello de Ferrol. ​ ​ - SENSIBILIZACIÓN |  Fomento da doazón en Culleredo Este mércores estiveron no CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo a traballadora social da delegación da Coruña (Ana García) xunto co voluntario da entidade (Marcelo Silva) abordando co alumnado de 6º de primaria a importancia da doazón de órganos. ​ - TARDES CON ALCER |  Xuntanzas da semana Esta semana reuníronse os grupos de iguais "Tardes con Alcer" das delegación da Coruña e Ferrol. ​​ ​ - FORMACIÓN |  Obradoiro de nutrición na Coruña ​ ​ - DÍA CONMEMORATIVO |  Día Nacional do Transplante O mércores celebrouse o Día Nacional do Transplante ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 17 DE MARZO DO 2025

Imagen
- ASEMBLEAS  |  Acompáñanos! Remata o prazo de inscrición , polo que non quedes sen inscribirte á participación nas asembleas xeral ordinaria e extraordinaria de Alcer Coruña! - MESA INFORMATIVA |  Concello de Carballo  - TELEASISTENCIA |  Chamadas a persoas socias A pasada semana asistiron á clausura do curso de xestión de chamadas de Teleasistencia Rafa Rodríguez (presidente de Alcer Coruña), María José Brión (tesoureira) e Ángeles Fernández (voluntaria). Cynthia e Montse, alumnas do curso, realizaron as prácticas na nosa entidade realizando chamadas a todas as persoas socias. ​ - INFORMACIÓN  |  Viaxe internacional a Budapest - INFORMACIÓN  |  Axudas para a mellora de accesibilidade nas vivendas - RECEITA |  Albóndegas de polo - NOVAS DE INTERESE |   Enfermidade renal  Novo capítulo do programa Nefro Late Show    Podes velo aquí  A Ministra de Sanidade asegura que o 7% de persoas con enfermidade renal accede d...

ALCER CORUÑA. ESPECIAL DÍA MUNDIAL DO RIL 2025

Imagen
DELEGACIÓN DA CORUÑA  CAPTACIÓN DE VOLUNTARIADO NA UDC O mércores 5 e o luns 10 de marzo estiveron na facultade de enfermaría da Universidade da Coruña (Campus da Coruña) as traballadoras sociais da delegación de Coruña (Ana García e Cristina López) e as persoas voluntarias Marcelo Silva e Margarita Daza para informar sobre o coidado da saúde renal e facer captación de voluntariado para a toma de medicións de glicosa e tensión arterial o Día Mundial do Ril.  MESA INFORMATIVA NO HOSPITAL ABENTE Y LAGO Na mañá de onte estivemos no patio do Hospital Abente y Lago da Coruña, onde instalamos unha carpa informativa para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal facendo tomas de glicosa e tensión grazas á colaboración do Colexio Oficial de Farmacéuticos así como do alumnado da facultade de enfermaría e asesorando sobre hábitos de vida saudable.   Contamos coa presenza de persoas voluntarias da entidade (Marcelo e Denís), da nutricionista en prácticas (Lara)...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 3 DE MARZO DO 2025

Imagen
  - ASEMBLEAS |  Xeral Ordinaria e Extraordinaria AQUÍ  poderedes acceder á convocatoria da mesma, que recibiredes tamén nos vosos domicilios. ​ - GRADA SOCIAL OBRADOIRO CAB |  Entradas gratuítas para persoas socias e usuarias O Obradoiro CAB ofrece a súa grada social co motivo do Día Mundial do Ril para persoas socias e usuarias de Alcer Coruña. Queres acompañarnos?  Data límite de inscrición ata o venres 14 (Prazas limitadas) -  DÍA DA MULLER   |   Participación de Vanessa Enríquez Polo Día da Muller, que se celebra mañá sábado 8 de marzo, contamos coa colaboración a campaña da Federación Nacional Alcer da vocal da Xunta Directiva Vanessa Enríquez. Podedes ver  AQUÍ  o vídeo que elaborou para participar na campaña. ​ - CAPTACIÓN DE VOLUNTARIADO |  Universidade da Coruña Este mércores estivemos na Facultade de Enfermería da Universidade da Coruña para a captación de persoas voluntarias para a medición de tensión e glicosa polo Día ...