Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2024

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 28 DE OUTUBRO DO 2024

Imagen
  - XORNADAS  |  VI Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia Un ano máis celébranse as xornadas autonómicas de enfermidade renal, que terán lugar o 16 de novembro na Consellería de Sanidade sita en Santiago de Compostela. Anímate a participar e chámanos para realizar a túa inscrición! A próxima semana enviaremos a programación completa! - SINERXIAS |  Congreso nacional de persoas renais Esta fin de semana 8 persoas membro de Alcer Coruña asistiron ao Congreso nacional de persoas renais que tivo lugar en Salamanca. - RECEITA |  Ensalada templada - LOTERÍA 2024  |  Faite co teu décimo ou participación! - OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE Enfermidade renal  Artigo que aborda a situación actual da enfermidade renal crónica.  +Info   Nova temporada do programa "Nefro Late Show".  +Info

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 21 DE OUTUBRO DO 2024

Imagen
- VOLUNTARIADO |  II Encontro de persoas voluntarias na Coruña O pasado sábado tivo lugar en Culleredo o II Encontro e persoas voluntarias de Alcer Coruña, no que puideron desfrutar dunha xornada de formación e sinerxias en agradecemetno á súa labor na entidade ao longo do ano. - OCIO E EXERCICIO FÍSICO |  Participación na carreira ENKI pola inclusión Na tarde do sábado estivemos por primeira vez na carreira inclusiva ENKI que tivo lugar na cidade da Coruña para visibilizar a diversidade funcional orgánica en xeral e a enfermidade renal en particular. - SENSIBILIZACIÓN |  Fomento da importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable na farmacia Antucho Espinosa de Bertamiráns - REIVINDICACIÓN   |  Eliminación de barreiras no uso de transporte público de persoas con discapacidade O martes, a vocal de Alcer Coruña, Ana Mato, participou na concentración realizada en Santiago de Compostela e promovida por COGAMI para reivindicar a eliminación de barreiras q...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 14 DE OUTUBRO DO 2024

Imagen
- OBRADOIRO  |  Manexo de dispositivos móbiles en Santiago Na tarde de onte tivo lugar a última convocatoria dos obradoiros de dispositivos móbiles que fixemos nas tres delegacións da entidade, na que participaron un total de 8 persoas. ​ - ENTREVISTAS  |  Participación do xerente de Alcer  Coruña, Alfredo Saborido, en Radio Culleredo. Mañá terá lugar a II edición do Día do Voluntariado de Alcer Coruña e Alfredo Saborido, xerente da entidade, dou unha entrevista en radio Culleredo sobre a programación da xornada e os motivos de celebración da mesma. Podes escoitala  AQUÍ ​ - SENSIBILIZACIÓN |  Fomento da importancia da doazón de órganos na facultade de enfermería de Ferrol O mércores estivemos no Campus de Esteiro, en Ferrol, con 65 persoas estudantes do 2º curso do grao de enfermaría sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos. A formación foi impartida pola traballadora social da delegación de Ferrol Ángela Breijo e o noso voluntario Juan...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 7 DE OUTUBRO DO 2024

Imagen
- OBRADOIRO  |  Manexo de dispositivos móbiles en Santiago Queres aprender a empregar a aplicación do SERGAS E-Saúde? A realizar trámites ordinarios a través do teu teléfono móbil? Ou a facer un bo uso dos dispositivos móbiles?  INSCRÍBETE! - AXUDAS  |  Bonotaxi - Concello da Coruña - OUTRAS ENTIDADES |  Ciclo de conferencias da Asociación Galega de Lupus Desde a Asociación Galega de Lupus convídannos a participar o próximo xoves nun ciclo de conferencias vencelladas a esta doenza que terán lugar na Consellería de Sanidade de Santiago de Compostela.  Inscríbete  enviando o teu nome e apelidos, xunto co DNI a agal@lupusgalicia.org ou chamando ao 608.091.251 - OCIO  |  Carreira ENKI 2024 - LOTERÍA 2024  |  Faite co teu décimo ou participación! - RECEITA  |  Crema de c ​oliflor

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 30 DE SETEMBRO / 1 DE OUTUBRO DO 2024

Imagen
  - OCIO  |   III Torneo solidario de Pitch and Putt O pasado domingo tivo lugar o I II Torneo Solidario de Pitch and Putt a Prol da Doazón de Órganos en Oroso. Celebrouse no Tambre Golf & Croquet grazas ao noso usuario Daniel Pereiro, recentemente transplantado de ril e aficionado a esta modalidade de golf.  Alcer Coruña puido recaudar 630€ para continuar coa nosa labor de difusión sobre a importancia da doazón de órganos, polo que quedamos moi agradecid os tanto da vosa participación así como das persoas participantes do torneo.  Grazas tamén pola colaboración á clínica Diaverum Santiago, Supermercados Froiz e Concello de Oroso. Nova de prensa - OBRADOIRO  |  Manexo de dispositivos móbiles en Santiago Queres aprender a empregar a aplicación do SERGAS E-Saúde? A realizar trámites ordinarios a través do teu teléfono móbil? Ou a facer un bo uso dos dispositivos móbiles?  INSCRÍBETE! - OCIO  |  Carreira ENKI 2024   - OCIO E F...