Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE DECEMBRO

Imagen
TARDES CON ALCER 2023! Alcer Coruña mantivo ao longo do 2023 os grupos de apoio de persoas con enfermidade renal “Tardes con Alcer”, nos que participaron un total de 37 persoas con enfermidade renal crónica, 11 delas mulleres.  As sesións desenvolvéronse ao longo do ano, en horario de tarde e una vez ao mes aproximadamente nas tres delegacións que Alcer Coruña ten ubicadas en Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.  O obxectivo foi facilitar un espazo para abordar vivenzas comúns vencelladas coa enfermidade renal das persoas participantes a través de diferentes actividades dirixidas ou coloquios grupais. APARICIÓN NA PRENSA AO LONGO DO 2023! ENVIAMOS    todas as novas de prensa nas que apareceu Alcer Coruña ao longo deste ano a maiores do Día Mundial do ril e o Día do Doante de Órganos. Seguimos traballando!  BONO AO COIDADO NO FOGAR E Á LIBRANZA DE COIDADOS NA CONTORNA LOTERIA DE NADAL DE ALCER PONTEVEDRA! As participacións de lotería de Alcer Pontevedra tiv...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 11 DE DECEMBRO

Imagen
OBRADOIRO PARA O MANEXO DO ESTRÉS E A ANSIEDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Na tarde de onte tivo lugar en Santiago de Compostela un obradoiro impartido pola psicóloga da Federación Alcer Galicia (Patricia Casal) sobre o manexo do estrés e a ansiedade. ​ PLENO SOBRE A DISCAPACIDADE EN FERROL Na mañá de onte parte da xunta directiva e equipo técnico de Alcer Coruña asistiron ao pleno sobre discapacidade e dependencia organizado polo concello de Ferrol. Pódese ver a grabación do mesmo pinchando  AQUÍ . PARTICIPACIÓN NO CONSELLO ASESOR DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Este mércores Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña, participou no Consello Asesor do CHUS.  BENVIDA, AYELÉN! Na delegación de Santiago de Compostela comeza a súa labor como traballadora social Ayelén Etchegaray. Benvida! PARTICIPACIÓN NO GRUPO DE INFANCIA DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER O pasado 29 de novembro o presidente de Alcer Coruña, Rafa Rodríguez, participoun na reunión de equ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE DECEMBRO

Imagen
IMPORTANTE  DESDE A FEDERACIÓN NACIONAL DE ASOCIACIÓNS ALCER ACHÉGANNOS UN COMUNICADO DA AXENCIA ESPAÑOLA DE MEDICAMENTOS E PRODUTOS SANITARIOS: RISCO DO CONSUMO DE PSEUDOEFEDRINA PARA AS PERSOAS CON ERC  XANTAR DE NADAL DE ALCER CORUÑA  O pasado domingo 3 de decembro, celebramos o noso habitual xantar de Nadal no local  Sociedad Cultural Deportiva Recreativa Canido. A esta actividade asistiron máis de 50 persoas.  Grazas, un ano máis, polo voso agarimo! NOVO  OBRADOIRO SOBRE PENSIÓNS DE XUBILACIÓN EN CULLEREDO O pasado martes 5 de decembro o Traballador Social de Alcer Coruña, Filipe Cruz, impartiu un novo obradoiro sobre os tipos de pensións no centro social Costa da Lonxa.  OBRADOIRO PARA A XESTIÓN DO ESTRÉS E ANSIDEDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Últimos días para inscribirse    BURRITOS DE POLO  Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica que se atopen en consulta ERCA, diálise e transplantadas. ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE NOVEMBRO / 1 DE DECEMBRO

Imagen
  ALCER CORUÑA SÚMASE Á CAMPAÑA POLO DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER O pasado sábado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller e usuarias de Alcer Coruña uníronse á campaña do "Grupo Mujer" da Federación Nacional Alcer para conseguir unha sociedade igualitaria e libre de violencia. ALCER CORUÑA ASISTE ÁS 36 XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL EN MADRID Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña, asistiu a pasada fin de semana a Madrid ás 36 xornadas de persoas con enfermidade renal xunto con persoas usuarias de Alcer Coruña. REUNIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS DA UDC SAUDABLE Este luns Alfredo Saborido, xerente de Alcer Coruña, acudiu á reunión organizada pola UDC Saudable con todas as súas entidades colaboradoras. ASISTIMOS AOS PREMIOS RAFAEL HERVADA DA FUNDACIÓN SAN RAFAEL O luns acudiu Rocío Sampedro, vocal da xunta directiva de Alcer Coruña, aos premios Rafael Hervada da Fundación San Rafael.  Compar...