ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE OUTUBRO

ÚLTIMAS PRAZAS PARA O OBRADOIRO DE BATCH COOKING EN SANTIAGO DE COMPOSTELA! Queres coñecer como ser máis eficiente na cociña adaptando os menús ás pautas nutricionais da enfermidade renal? Obradoiro gratuíto e aberto a todas as persoas interesadas. OBRADOIRO DE EXERCICIO FÍSICO PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL Anímate a participar! Aínda quedan prazas dispoñibles! TRIXÉSIMO SEXTA EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDDE RENAL Deixamos AQUÍ toda a información relativa á celebración en Madrid os días 25 e 26 de novembro das xornadas nacionais de persoas con enfermidade renal. II TORNEO DE PITCH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS O domingo 22 de outubro tivo lugar o II Torneo solidario a prol da doazón de órganos no Tambre Golf co fin de sensibilizar ás persoas federadas a esta modalidade deportiva sobre a importancia da doazón de órganos para salvar a vida das persoas que precisan dun transplante, que tamén supuxo unha doazón de 60...