ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 21 DE NOVEMBRO

ESTE DOMINGO, VÉMONOS NAS V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E NO XANTAR DE NADAL! Achegámosvos a programación das xornadas e tamén vos recordamos que a continuación terá lugar o xantar de nadal por 16€/persoa no restaurante "A Peneira" sito na Avenida Calvo Sotelo, 18 (A Coruña). XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL EN MADRID A pasada fin de semana o coordinador de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, estivo en Madrid nas xornadas nacionais de persoas con enfermidade renal. Acompañárono Angélica Rodríguez (vicepresidenta de Alcer Lugo) xunto coa súa parella; Nuria Cruz (presidenta de Alcer Pontevedra) e Sara (traballadora social de Alcer Pontevedra); e Martarita Rodríguez (socia de Alcer Coruña) xunto co seu marido José Manuel. Como parte da Federación Alcer Galicia, recibimos esta placa de agasallo pola organización do Campamento Crece de menores con enfermidade renal que tivo lugar en Panxón (Pontevedra) este verán. ASISTENCIA AO CONSELLO ASESOR DE GALICIA Este ...