ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE AGOSTO

MARIO LÓPEZ, VOGAL DE ALCER CORUÑA, VOLTA A ESPAÑA CO 5 MEDALLAS! O vogal de Alcer Coruña Mario López (en tratamento de hemodiálise e á espera do seu terceiro transplante de ril), participou esta semana nos Xogos Europeos de Persoas en Diálise e Transplantadas. Volve con 3 outros en 50, 100 e 400 metros libres; unha prata en 50m braza e un bronce en 100m braza. NORABOA! MESA INFORMATIVA EN EIRIS, A CORUÑA O pasado martes estivemos sensibilizando sobre a enfermidade renal ás persoas que acudiron á Festa da Fresa de Eirís mediante a instalación dunha mesa informativa, como parte das actividades propias do Servizo de Información e Orientación dirixido ás persoas con enfermiade renal e familiares do Concello da Coruña. PRAZAS LIBRES PARA PARTICIPAR NO VELEIRO DE CAMARIÑAS! TORNEO SOLIDARIO DE PICH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS Participación aberta a persoas socias e non socias do campo, así como a todas aquelas persoas que queiran aprender esta modalidade de golf. Faremos tamén...