Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE DECEMBRO

Imagen
  GRAZAS! Achegámosvos o último envío semanal do ano, agradecéndovos a todas e todos vós a colaboración e compromiso con Alcer Coruña. Para o ano seguiremos aquí, tentando mellorar e sacar o mellor de nós e sempre procurando unha mellor calidade de vida das persoas con enfermidade renal e a súa familia.  GRAZAS! CANDO É NECESARIA A DIÁLISE Bótalle un ollo a este artigo, na que se entrevista ao secretario da Sociedade Española de Nefroloxía. Podes lelo completo  AQUÍ PARTICIPACIÓN DE ALCER CORUÑA NO VIDEOCLIP DO PROXECTO "UN MUNDO CHEO DE DIVERSIDADE" ORGANIZADO POLO CONCELLO DE NARÓN Podes ver o video completo pinchando  AQUÍ AXUDAS ECONÓMICAS PARA PERSOAS PERCEPTORAS DE PNC, FAS E SGIM FELIZ ANINOVO!

NOVIDADES DA SEMANA DO 20 DE DECEMBRO

Imagen
  NADAL SI, PERO CON SENTIDIÑO! Dada a situación sanitaria actual e ao aumento de casos por Covid-19, recomendamos que vos coidades moito nestas datas. Recordade que o SERGAS habilitou varios puntos gratuítos para facer probas de antíxenos (podes ver  AQUÍ  onde se atopan). ESCOLA DE PACIENTES EN HM LA ESPERANZA Ao longo do ano 2021 Alcer Coruña implementou formación específica para o colectivo de persoas que acoden a tratamento de hemodiálise do centro HM Hospitales La Esperanza en Santiago de Compostela, así como para o persoal sanitario e familiares dentro da denominada “Escola de Pacientes”. - O 24 de setembro tivo lugar un obradoiro de nutrición, ao que acudiron un total de 12 persoas e no que tanto persoas usuarias, como familiares e persoal sanitario aprenderon sobre as pautas nutricionais específicas deste colectivo en mans da nutricionista Leticia Álvarez. - No mes de outubro a traballadora social María Olivares, asesorou individualmente a 90 persoas usuarias do ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 13 DE DECEMBRO

Imagen
FEIRA DO VOLUNTARIADO EN FERROL  O pasado sábado estivemos na feira do voluntariado organizada polo concello de Ferrol. Participamos nun stand informativo para sensibilizar sobre a doazón de órganos e Rafa, presidente de Alcer Coruña, fixo unha intervención na sede de Afundación sobre a importancia do voluntariado no programa Alcer 7 Vidas (de sensibilización sobre a doazón de órganos e fomento de hábitos de vida saudable) TARDES CON ALCER DELEGACIÓN CORUÑA O luns tamén se reuniron 4 persoas usuarias con enfermidade renal e as dúas traballadoras da delegación da Coruña, nunha nova convocatoria do grupo de iguais. ESCOLA DE PACIENTES DO HOSPITAL HM LA ESPERANZA Na próxima semana remata a formación da "Escola de pacientes" que se levou a cabo neste 2021 na unidade de hemodiálise de HM La Esperanza coas persoas que acoden alí ao tratamento. Ao longo do ano, participaron tanto persoal sanitario como persoas usuarias nun obradoiro de nutrición e todas as persoas usuarias recibiron...

NOVIDADES DA SEMANA DO 6 DE DECEMBRO

Imagen
FEIRA DO VOLUNTARIADO EN FERROL ESTE SÁBADO - Este sábado Alcer Coruña instalará un stand informativo na Feira do Voluntariado que organiza o concello de Ferrol de 11 a 19 hroas. Se podes, achégate!! - Ángela (voluntaria de Alcer Coruña) e Rafa (presidente) estarán de 11 a 13:00 participando nunha biblioteca humana, onde poderás solicitar que che conten a súa experiencia como persoas con enfermidade renal transplantadas en primeira persoa. - A partir das 18:30 tamén presentará presentación Rafa sobre a importancia do voluntariado nunha entidade como Alcer Coruña. Se queres asistir, podes cumplimentar  este formulario  para facerte coa túa entrada. TARDES CON ALCER. DELEGACIÓN CORUÑA O próximo 13 de decembro o grupo de iguais da delegación da Coruña volverá xuntarse para realizar a súa última reunión deste 2020. Queres unirte? chama ao 604.05.12.93 NOVO TELÉFONO DE ATENCIÓN AO CORONAVIRUS FELICITACIÓN NADAL 2021 No xantar de nadal do pasado 28 de novembro, as persaos que acudir...

NOVIDADES DA SEMANA DO 29 DE NOVEMBRO

Imagen
3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE As entidades membro da Federación Alcer Galicia, entre as que se atopa Alcer Coruña queremos visibilizar no día de hoxe a discapacidade orgánica, a que non se ve. XANTAR DE NADAL 2021 O pasado domingo reunímonos en Narón, despois de 2 anos, no xantar de nadal de Alcer Coruña 20 TARDES CON ALCER. DELEGACIÓN CORUÑA O próximo 13 de decembro o grupo de iguais da delegación de Coruña volverá xuntarse para realizar a súa última reunión deste 2020. Queres unirte? chama ao 604.05.12.93 NOVO TELÉFONO DE ATENCIÓN AO CORONAVIRUS OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE  Se estás en tratamento de hemodiálise, eres persoal sanitario destas áreas ou familiar, podes responder ás preguntas da seguinte enquisa  AQUÍ   A enfermidade renal desde o punto de vista pediátrico. O canal de TV da Federación Nacional Alcer, coa testemuña dunha nai de dous nenos con enfermidade renal e unha nena tamén diagnosticadas desta doenza. Podes velo pi...