ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE OUTUBRO
34 EDICIÓN DAS XORNADAS DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER EN MADRID Serán o próximo 20 e 21 de novembro no CaixaFormum Madrid. Se estás interesada ou interesado en asistir, CONTACTA CON NÓS! Podes consultar AQUÍ a programación completa. O MANEXO DAS EMOCIÓNS NAS PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA Terá lugar a través da canle de Youtube da Federación Nacional Alcer o vind ei ro 4 de novembro ás 11:00 horas. Poderás velo pinchando AQUÍ CONCELLO COLABORADOR COA INVESTIGACIÓN DA ENFERMIDADE DE DENT Es de Lousame ou preto e queres colaborar na investigación da enfermidade de Dent (enfermidade rara que afecta ao funcionamento dos riles de menores)? Pois o concello de Lousame habilitará puntos de recollida no seu concello. Podes consultar onde chamando ao 981820494. COLABORACIÓN CON ALCER CORUÑA NO CENTRO COMERCIAL 4 CAMIÑOS DA CORUÑA Hoxe comeza unha campaña no Centro Comercial 4 Camiños da Coruña onde por unha compra superior a 1€, poderás colaborar na doazón económica...