Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE ABRIL DO 2024

Imagen
- FOMENTO DA DOAZÓN  |   XUVENÍS E CADETES DO SD COMPOSTELA O pasado venres estivemos no Campo de Fútbol Municipal As Cancelas de Santiago de Compostela para informar a 28 xogadores dos equipos xuvenil e cadetes do SD Compostela. Acompañou á traballadora social Ayelén Etchegaray o noso voluntario Gerardo, que achegou a súa vivenza ao rapaces como persoa con enfermidade renal transplantada. - SINERXIAS  |  PARTICIPACIÓN NA REUNIÓN DA OFICINA DE COORDINACIÓN DE TRANSPLANTES DE GALICIA O presidente de Alcer Coruña (Rafael Martínez) e o xerente da entidade (Alfredo Saborido) estiveron este martes reunidos con todas as entidades que fomentan a doazón de órganos en Galicia nunha xuntanza organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. - GRUPOS "TARDES CON ALCER"  |  DELEGACIÓN CORUÑA Na tarde do mércores reuniuse o grupo de persoas con enfermidade renal da delegación da Coruña para visitar o Museo de Belas Artes. - OBRADOIRO EN CORUÑA |  ...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE ABRIL DO 2024

Imagen
PARTICIPACIÓN NA III EDICIÓN A FEIRA DE SAÚDE E BENESTAR DO CONCELLO DE AMES O pasado sábado estivemos en Bertamiráns na nova edición da feira de saúde e benestar. Alfredo Saborido (xerente, traballador social e sexólogo da entidade) impartiu unha formación sobre sexualidade nas patoloxías crónicas e a traballadora social de Santiago de Compostela, Ayelén Etchegaray, estivo nunha mesa informativa para fomentar a importancia do coidado da saúde renal e da doazón de órganos contando coa axuda do voluntario Gerardo Muñiz.  A prensa tamén se fixo eco da nosa actividade. Podes ver  AQUÍ  a nova de La Voz de Galicia ​ OBRADOIROS "TI PODES" PARA APRENDER ESTRATEXIAS PARA SER MÁIS INDEPENDENTES NA VIDA COTIÁ O pasado martes tivo lugar este obradoiro na Coruña. Aínda estás a tempo de asistir aos de Ferrol e Santiago de Compostela! Chámanos para inscribirte! FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO IES ALFREDO BRAÑAS DE CARBALLO O pasado martes tamén estivo a traballadora social Marta Amigo...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 8 DE ABRIL DO 2024

Imagen
III FEIRA DA SAÚDE E BEN-ESTAR Mañá sábado 13 de abril participaremos na III Feira da saúde e ben- estar promovida polo Concello de Ames.  Ás 11:15 na Casa do Maior, Alfredo Saborido, xerente, traballador social e sexólogo da entidade, impartirá unha formación sobre a Sexualidade nas patoloxías crónicas. Ademais, en horario de 11:00 - 14:00 e de 17:00 - 20:00 estaremos na carpa sita na Praza da Maía con información sobre coidado da saúde renal e promoción  da doazón de órganos. Consulta a programación e anímate a achegarte e desfrutar de tempo de lecer ao aire libre 👇 SESIÓN DE TARDES CON ALCER EN SANTIAGO No día de onte, 11 de abril, levamos a cabo   unha nova sesión de grupo de apoio para persoas con enfermidade renal, as Tardes con Alcer, na delegación de Santiago.  Anímate a participar no grupo da túa delegación máis próxima  ACTO SOBRE O X SOLIDARIO EN FERROL Este xoves 11 de abril Alcer Coruña, xunto con outras entidades sociais, levamos a cabo un acto in...