Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE XANEIRO DO 2024

Imagen
TALLER PARA O FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO CPR LA MILAGROSA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O martes estivemos na aula de 6º de primaria do CRP La Milagrosa de Santiago de Compostela xunto co voluntario e membro da xunta directiva de Alcer Coruña Mario López, que achegou a súa vivencia como persoa con enfermidade renal en tratamento de hemodiálise á espera do seu terceiro transplante de ril ás 22 persoas asistentes. FOMENTO DA DAOZÓN DE ÓRGANOS NO IES MONCHO VALCARCE DE NARÓN Coa axuda de Carlos, voluntario de Alcer Coruña, achegamos a 73 asistentes do IES Moncho Valcarce a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable. TALLER PARA O FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE NO CEIP A SOLAINA DE NARÓN Xunto con Gumer, voluntario de Alcer Coruña e persoa con enfermidade renal en tratamento de hemodiálise, acudimos onte ao CEIP A Solaina de Narón para abordar a importancia dos hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal e o fomento da doazón de órganos...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE XANEIRO DO 2024

Imagen
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO IES EDUARDO BLANCO AMOR DE CULLEREDO! O pasado venres xa vos adiantábamos a actividade que realizamos no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo co alumnado de 4º de eso, cos que abordamos a importancia da doazón de órganos e dos hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal. Grazas a Josefina Gregori, voluntaria de Alcer Coruña e persoa con enfermidade renal transplantada por acompañernos e achegarlle ao alumnado a súa testemuña!  DATOS DE DOAZÓN E TRANSPLANTES 2023! España segue a liderar a nivel mundial por trixésimo segundo ano consecutivo a cifra de transplantes realizados no ano 2023!  Podedes consultar  AQUÍ  o documento resumo publicado pola Organización Nacional de Transplantes para coñecer os datos de toda España.  Desde o SERGAS tamén se publicaron os resultados de Galicia, cunha moi boa nova!  A cifra de negativas familiares baixou con respeto ao 2022!  Podedes consultar os datos detallados  AQUÍ

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 8 DE XANEIRO DO 2024

Imagen
SENSIBILIZACIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO IES MONCHO VALCARCE DAS PONTES ESTE MARTES 9 DE XANEIRO SENSIBILIZACIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DA DOAZÓN DE ÓRGANOS ESTA MAÑÁ NO IES EDUARDO BLANCO AMOR DE CULLEREDO TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Na tarde de onte reuniuse parte do grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación de Santiago de Compostela. AXUDAS Á MOBILIDADE DO CONCELLO DE ARTEIXO TARIFA + 65 NO TRANSPORTE INTERURBANO OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE Enfermidade renal crónica  Os hábitos saudables preveñen a enfermidade renal. Podes ler  AQUÍ  unha nova completa que aborda a prevención desta doenza.   Desde a Federación Nacional Alcer elaboraron un estudo, no que tamén participou Alcer Coruña, sobre a situación laboral das persoas en diálise. Podes acceder  AQUÍ  ao informe completo. Xeral  Desde este mércores é obrigatorio o uso da máscara de cara nos centros sanitarios de toda Galicia. Podes acce...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 1 DE XANEIRO DO 2024

Imagen
RECORDATORIO DOS SERVIZOS E PROGRAMAS DE ALCER CORUÑA TARIFA + 65 NO TRANSPORTE INTERURBANO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO BONO AO COIDADO NO FOGAR E Á LIBRANZA DE COIDADOS NA CONTORNA OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE Enfermidade renal  Os medios de comunicación seguen facéndose eco da situación que viven milleiros de persoas que acoden a hemodiálise en España e teñen que facer centos de quilómetros para asistir ao tratamento. Podes ver  AQUÍ  unha reportaxe emitida no programa Espejo Público. Máis de Alcer Coruña  Desde a Federación Nacional Alcer publicaron o resumo das actividades de Alcer Coruña do mes de decembro. Podes consultalo pulsando  AQUÍ