Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 24 DE ABRIL

Imagen
RECIBIMOS O PREMIO ÁRTABRO 2022/2023 O pasado fin de semana Rafa Rodríguez (presidente) e María José Brión (tesoureira), recolleron o premio "Servicio a la Sociedad" dos galardóns "Galicia Ártabra 2023/2023". Recibímolo como motor para seguir traballando a prol das persoas con enfermidade renal e familiares! FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS COS XUVENÍS E CADETES DO SD COMPOSTELA O pasado venres estivemos cos equipos de xuvenís A e cadetes A do SD Compostela falando sobre a doazón de órganos. A actividade tivo lugar no Campo de Fútbol das Cancelas e asitiron un total de 36 mozos! Acompañounos á formación Ana Mato, volutnaria de Alcer Coruña candidata a dobre transplante de ril e páncreas que contou a súa vivenza aos asistentes.     CURSO DE APROVEITAMENTO PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E FAMILIARES NA CORUÑA Prazas limitadas! Non agardes máis para inscribirte! VIAXE INTERNACIONAL PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E ACOMPAÑANTES Chámanos para solicitar máis informaci...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 17 DE ABRIL

Imagen
PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS DO BÁSKET XIRIA O sábado estivemos en Carballo no encontro de baloncesto do Básket Xiria contra o Cultural y Deportiva Leonesa SAD. Instalamos unha mesa informativa a prol da doazón de órganos e achegámonos no medio do encontro á pista para ler un manifesto e animar ás persoas asistentes a ser doadoras. PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS  DO  SD COMPOSTELA  O pasado domingo estivemos no estadio Verónica Boquete no encontro entre o SD Compostela e o Palencia Cristo. 6 persoas voluntarias axudáronnos a instalar mesas informativas para entregar información ás persoas afecionadas que se achegaron ao encontro deportivo e a instalar 2 mesas informativas a prol da doazón e órganos nas dúas portas de accesos ao estadio. FORMACIÓN DO GRUPO DE EMPREGO PARA TRABALLADORES DOS ALCERES PROVINCIAIS Esta semana comezou a primeira das catro formacións internas para persoas traballadoras de todos os alceres provinciais en materia de emprego. Abordamos a...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 10 DE ABRIL

Imagen
PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS ENTRE O SD COMPOSTELA E O PALENCIA CRISTO ESTE DOMINGO 16 Dentro do convenio que temos co Concello de Santiago de Compostela e coa colaboración do SD Compostela, este ano achegaremos a este clube e a todas as persoas afeccionadas e xogadores a importancia da doazón de órganos. O martes tivo lugar a presentación da Campaña #DoaréDoado á que acudiu o vicepresidente de Alcer Coruña Alfredo Saborido xunto coa concelleira de benestar social do concello de Santiago Mila Castro e o presidente do SD Compostela Juan Carlos Gesto.  MAÑÁ SÁBADO, PARTIDO DE BALONCESTO A PROL DA DOAZÓN EN CARBALLO ENTRE O CALVO BASKET XIRIA E O CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA S.A.D. CONVOCATORIA DO GRUPO TARDES CON ALCER DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Onte tivo lugar o grupo de iguais "Tardes con Alcer" da delegación de Santiago de Compostela. Anímate a participar no grupo da túa delegación! FORMACIÓN PARA PROFESIONAIS ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER Este martes e mér...