Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 26 DE DECEMBRO

Imagen
  1º TORNEO ALEVIN BM7 DE NADAL Alcer Coruña colaborou e apoiou o 1º Torneo Alevín MB7 de Nadal do Club de Balonmán de Culleredo, no que se fomentou a importancia da doazón de órganos. OUTRAS NOVAS DE INTERESE  Resumo das actividades de Alcer Coruña no mes de decembro elaborado pola Federación Nacional Alcer. Accede ao contido completo pinchado  AQUÍ  III Edición do programa "Reina Letizia" para a inclusión de axudas directas ao estudo de persoas con discapacidade. Máis información  AQUÍ  Avances en relación á mellor resposta ao tratamento de hemodiálise. Acceso ao artigo completo  AQUÍ B O A  F I N  D E  S E M A N A ! E F E L I Z A N I N O V O !

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE DECEMBRO

Imagen
  FORMACIÓN NA FACULTADE DE TERAPIA OCUPACIONAL O pasado martes acudiron a usuaria Maxi Pérez xunto coa terapeuta ocupacional de Alcer Coruña á facultade de Terapia Ocupacional para presentarlle ao alumnado o programa "Actívate", para o fomento da independencia das persoas con enfermidade renal. OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE Enfermidade renal  A Universidade das Illas Baleares creou o primeiro banco de mostras biolóxicas de cálculos renais para a súa investigación. Nova completa  AQUÍ  A farmacéutica Baxter estuda o emprego da telemonitorización para abordar a falta de adherencia ou a falta de drenaxe das persoas que realizan diálise peritoneal. Podes consultar a nova completa  AQUÍ Discapacidade  Sabes como empregar unha correcta terminoloxía para referirte ás persoas con discapacidade? Desde COCEMFE elaboraron un manual de linguaxe inclusiva que podes consultar  AQUÍ

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 12 DE DECEMBRO

Imagen
REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA E EQUIPO TÉCNICO DE ALCER CORUÑA Esta mesma tarde estamos reunidos parte da Xunta Directiva e equipo técnico de Alcer Coruña para a programación de actividades de cara o vindeiro ano 2023. OBRADOIRO PARA O FOMENTO DA INDEPENDENCIA NAS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA EN FERROL Na tarde de onte tivo lugar en Ferrol un obradoiro para o fomento da independencia nas actividades da vida diaria impartido pola terapeuta ocupacional de Alcer Coruña Jessica Antelo. AXUDAS ECONÓMICAS PARA O FOMENTO DO ALUGUEIRO OUTRAS NOVAS DE INTERESE  Segundo a Plataforma de Organización de Pacientes e tralo análise dos datos do estudo sobre o impacto da enfermidade renal crónica nas persoas maiores, o 28% das persoas maiores de 65 anos con enfermidades crónicas viven soas. Podes ler  AQUÍ  a nova completa.  O 13% das persoas que recibiron eutanasia ao longo do ano en España, doaron os seus órganos e salvaron a vida de 120 persoas. Podes ler a nova completa  AQUÍ .

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 5 DE DECEMBRO

Imagen
V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E XANTAR DE NADAL Xa está colgado na nosa canle de youtube o video completo das V Xornadas de Persoas con enfermidade renal. Podes velo  AQUÍ BONOS DIXITAIS PARA A CONECTIVIDADE DE COLECTIVOS VULNERABLES PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO  OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE  Unha investigación da Sociedade Portorriqueña de Endocrinoloxía e Diabetes, indica a importancia da detección precoz da diabetes para previr a enfermidade renal. Nova completa  AQUÍ

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 28 DE NOVEMBRO / 1 DE DECEMBRO

Imagen
V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E XANTAR DE NADAL O pasado domingo estivemos en Coruña celebrando as V Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal. A continuación, tivemos o xantar de nadal. Grazas a todas as persoas que nos acompañáchedes e fixéchedes posible este día!   A próxima semana enviarémosvos o video resumo das xornadas, para aquelas persoas que non puidéchedes acompañarnos.  E tamén vos deixamos as fotos do xantar! CONSELLO ASESOR NO HOSPITAL RIBERA JUAN CARDONA O pasado mércores a vicepresidenta de Alcer Coruña Maria José Brión e a traballadora social da delegación de Ferrol Ángela Breijo, participaron no consello asesor de pacientes organizado polo Hospital Ribera Juan Cardona. REUNIÓN DE ENTIDADES MEMBRO DA UDC SAUDABLE O pasado martes Alfredo Saborido, coordinador de Alcer Coruña, reuniuse coas entidades sociais que forman parte da UDC Saudable. Abordáronse os obxectivos a actividades que se levarán a cabo no vindeiro ano 2023. GRUPO DE TRABALLO SOBRE ...