Entradas

Mostrando entradas de julio, 2022

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE XULLO

Imagen
  TORNEO SOLIDARIO PITCH AND PUTT Os vindeiros 15 e 16 de outubro temos unha cita para desfrutar do torneo solidario Pitch and Putt a favor da doazón de órganos. Anímate a participar e a compartir dúas xornadas de actividades, incluído un bautismo de golf para todas as persoas asistentes!   Inscríbete!  VIAXE EN BARCO POLA RÍA DE CAMARIÑAS  Quedan pouquiñas prazas, inscríbete! LOTERÍA DE NADAL ALCER CORUÑA  Xa podes reservar o teu décimo ou participación da nosa lotería de Nadal! E se toca aquí?   BIZUM SOLIDARIO A FAVOR DE ALCER CORUÑA  Alcer Coruña xa pode recibir doazóns a través da aplicación Bizum.  BONO CONCILIACIÓN AUTÓNOMOS Desde a Federación Alcer Galicia achégannos a seguinte información de interese. Se cumples algún dos requisitos e necesitas máis información, contacta con nós! Ademais, senón queres perderte ningunha das súas novidades, animámoste a que sigas á Federación na súas páxina de Facebook  @AlcerGaliciaFAG

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 18 DE XULLO

Imagen
VIAXE EN BARCO POLA RÍA DE CAMARIÑAS  Últimas prazas dispoñibles. Non esquenzas inscribirte! RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Un ano máis renovamos o convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela para continuar fomentando a doazón de órganos e hábitos de vida saudables entre cidadanía e estudantes do Concello. GRAZAS! PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO E PSICOSOCIAL PARA ENFERMOS CRÓNICOS DE RIL E OS SEUS FAMILIARES Grazas ao convenio subscrito co Concello da Coruña achegamos a seguinte información para facer exercicio de remo en parella. Recorda a importancia do exercicio físico para mellorar a túa calidade de vida! COMO PREVIR O ILLAMENTO SOCIAL  A través do convenio de colaboración que temos co Concello de Cambre, achegamos información ben útil para previr o illamento social  FEDERACIÓN ALCER GALICIA ACHEGA A SEGUINTE INFORMACIÓN  Bono social eléctrico   Bono conciliación autónomos  VIAXE Á REPÚBLIC...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 11 DE XULLO

Imagen
  PARTICIPACIÓN DE MARIO LÓPEZ, MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA, NA TRAVESÍA A NADO EN NIGRÁN Mario López, membro da xunta directiva de Alcer Coruña e socio de DETRADI (Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Diálise), participou na última travesía de 4.000 metros en praia América de Nigrán nun tempo total de 1 hora e 11 minutos. I XORNADA SOBRE ACTUALIZACIÓNS DE AMPUTACIÓNS  Na tarde de onte, a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, asistiu á Xornada sobre actualizacións de amputacións organizada pola Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA). Na foto sae con José Cougil, presidente de AGAPA. RECOMENDACIÓN DO USO DA MÁSCARA DE CARA Desde a Federación Nacional Alcer insisten en que as persoas con enfermidade renal son un colectivo de risco e deben seguir mantendo o uso da máscara de cara nos espazos pechados onde non se poida manter a distancia interpersoal, co fin de evitar os contaxios de Covid-19. VIAXE EN BARCO POLA RÍA DE CAMARIÑAS Prazas limi...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE XULLO

Imagen
RENOVACIÓN DE CARGOS DA XUNTA DIRECTIVA DE ALCER CORUÑA O pasamento do noso amigo e compañeiro Sanitago Martínez Lago que levaba anos obstentando o cargo de tesoureiro de Alcer Coruña, fixo necesaria unha restructuración da Xunta Directiva. Deste xeito, pasa a ocupar este cargo de tesoureira  María José Brión  (que ata o de agora era vicepresidenta da entidade) e Iria Catoira Roel ocupará o cargo de vicepresidenta, tal e como foi acordado na Xunta Directiva realizada na tarde do 7/7/2022. Santi, sempre con nós na loita de Alcer. TARDES CON ALCER DELEGACIÓN CORUÑA Este luns tivo lugar a convocatoria do grupo de apoio "Tardes con Alcer" na delegación da Coruña. Anímate a participar neles! Temos un en cada delegación! APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITUDES DE VIAXES DO IMSERSO AXUDAS ECONÓMICAS PARA FOMENTAR O COIDADO DE PERSOAS DE DEPENDENTES DO CONCELLO DA CORUÑA XORNADA SOBRE ACTUALIZACIÓNS DE AMPUTACIÓNS Aberta a toda persoa interesada e organizada pola Asociación Galega de Pers...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE XUÑO

Imagen
ENTREVISTA EN LA VOZ DE GALICIA A RAFA, PRESIDENTE DE ALCER CORUÑA Podes lela completa  AQUÍ CAMPAMENTO CRECE Esta semana parte do noso equipo técnico e Xunta Directiva estiveron en Panxón (Pontevedra), xunto cos menores con enfermidade renal que participaron no Campamento Crece organizado pola Federación Nacional Alcer. Este martes estiveron en Santiago de Compostela e Alcer Coruña recibiunos para realizar un tramo do Camiño de Santiago desde San Lázaro e pasar unha xornada de lecer e sinerxias! TARDES CON ALCER EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Este mércores tiveron lugar as Tardes con Alcer do grupo de Santiago de Compostela. Recordade que temos grupos nas tres delegacións (Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol) e que están abertos a calquera persoa con enfermidade renal crónica que queira compartir vivencias entre iguais! BONO ALUGUEIRO PARA MOCIDADE MENOR DE 35 ANOS XI HERMANAMENTO MUSICAL EN FERROL Terá lugar no Teatro Jofre e Alcer Coruña será entidade colaboradora. OUTRAS NOVID...