ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE NOVEMBRO DO 2024

- SINERXIAS | Participación nas xornadas de Alcer Bizkaia A pasada fin de semana o xerente de Alcer Coruña (traballador social e sexólogo), participou na mesa "muller e enfermidade renal" da XVI Conferencia Informativa de Enfermidade Renal organizada por Alcer Bizkaia. - FOMENTO DA DOAZÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE | Escola Universitaria de traballo social Este luns estiveron na Escola Universitaria de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) os traballadores sociais da delegación de Santiago Alfredo Saborido e Mónica Conde para formar a 10 alumnas e 4 alumnos que cursan a optativa de discapacidade sobre a enfermidade renal crónica, os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal e a importancia da doazón de órganos. - FOMENTO DO COIDADO RENAL | Fundación Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) O mércores, no CEIP Eusebio da Garda, tivo lugar a presentación en galego do libro ilustrado "Renata, a miña nefról...