ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 24 DE XUÑO

- TARDES CON ALCER | Grupo Ferrol Na tarde do mércores reuniuse en Ferrol o grupo de persoas con enfermidade renal da delegación. - ENTREVISTAS | Alfredo Saborido en Cuac FM O mércores entrevistaron en Cuac FM ao xerente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido. Presentou os resultados do ano 2023 do "Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, financiado pola Fundación ONCE. Escoita a entrevista completa AQUÍ - FORMACIÓNS | Obradoiro de adhrencia á medicación en Santiago de Compostela Na tarde de onte tivo lugar en Santiago de Compostela un obradoiro para abordar a importancia da toma de medicación prescrita impartido polo farmacéutico voluntario da entidade Javier Chantada. - SINERXIAS | Fomento da doazón de órganos A próxima semana o presidente de Alcer Coruña, Rafael Rodríguez, estará coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra para falar sobre a importancia de ser persoas doadoras - OCIO | ...