NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE SETEMBRO

❤ 34º EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL Terán lugar os días 20 e 21 e novembro e este ano tamén poderán verse de maneira telemática. Enviarémosvos o programa tan pronto o teñamos! ❤ ENCONTRO DE FAMILIAS ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER Os días 22, 23 e 24 de outubro terá lugar en Albacete unha fin de semana de vivencias compartidas entre familias de menores con enfermidade renal. A Federación Nacional Alcer sufragará todos os gastos de alonxamento, sendo soamente necesario asumir o custe da viaxe. Anímaste a participar? Chámanos e darémosche máis información! ❤ GRUPO DE TRABALLO SOBRE INFANCIA E ADOLESCENCIA CON ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA Alcer Coruña e equipo técnico da Federación Alcer Galicia, participaron na tarde do mércores nun gurpo de traballo sobre infancia e adolescencia con enfermidade renal crónica. ❤ ACTIVIDADE DE OCIO EN FERROL O VINDEIRO VENRES 8 DE OUTUBRO Anímate a participar! ❤ IV XORNADAS DE GAL...